Aberto o prazo para participar nos campamentos específicos para persoas con discapacidade

Requisitos
· Ter recoñecida unha discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%
· Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima á súa finalización
· Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
· Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
· Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
· Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.
 
Persoas destinatarias
As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 10 de xuño, incluído.
http://benestar.xunta.es/web/portal/planseprogramas?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_P37k&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_P37k_content=%2Fopencms%2FBenestar%2FContidos%2FPlans_e_programas%2Fdocumento_0037.html&category=Tema/Discapacidade/,Tiposenumerados/Tipodocumento/Plan-ou-programa/&activo2=sop6