Informática entretida para maiores - "Envellecemento Cero III"

Dentro do programa de Envellecemento Satisfactorio, subvencionado pola deputación da Coruña, o concello de Valdoviño pon en marcha uns obradoiros de Informática Entretida  dirixido a persoas de máis de 55 anos.
Pretende ser un espazo no que se descubra a utilidade das novas tecnoloxías na vida cotiá: buscar unha receita, comunicarse coas netas ou netos, mellorar fotos antigas, mandar mensaxe cun móbil…
As sesións serán gratuítas e realizaranse na Casa da Cultura, dous días á semana: Luns e Xoves de 16:30 a 18:00 horas. Iniciará o 23 de outubro e rematará no mes de decembro.
Inscricións e información: Servizos Sociais (baixo do concello). 981.487.041. (extensión 5). Data límite para a inscrición: 21 de outubro.