III Programa de Deporte e Actividade Física Adaptada e Inclusiva

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrolterra coa colaboracón da Deputación da Coruña desenvolverá por 3º ano consecutivo o seu Programa de Deporte e Actividade Física Adaptada e Inclusiva.
É un programa inclusivo aberto á diversidade funcional, no que poden participar todas as persoas interesadas, independentemente de que precisen ou non adaptacións para practicar deporte.
A participación é gratuita. O transporte adaptado está á disposicion das persoas usuarias.
MODALIDADES DEPORTIVAS:
- Baloncesto en cadeira de rodas (Fene)
- Boccia (Naron)
- Slalom (Naron)
- Tenis en cadeira de rodas (Ares)
- Baile adaptado (Naron)
Consulta e solicitude en www.comarcaferrolterra.es, no Departamento de Servizos Sociais do Concello ou no telefono 981944000 ext. 378