Curso exprés de hostalaría

O Concello de Valdoviño organiza un Curso exprés de servizos básicos de restauración, a celebrar os días 8 e 9 de outubro na Casa da Cultura. As persoas interesadas en participar no curso, que é gratuíto, deben inscribirse na Casa da Cultura de 11:00 a 13:00 horas ou de 16:00 a 19:00 horas ou chamando ao 981 487 666 no mesmo horario.
 
As prazas son limitadas e con preferencia para persoas empadroadas en Valdoviño. O único requisito é ter un mínimo de 16 anos.

Horario: mércores 8 e xoves 9 de outubro, de 15:00 a 18:00 horas.
 
Contido:

  • O comportamento no restaurante-bar, vocabulario e gesticulación.
  • Recoller a comanda con premura e atención.
  • Servir e recoller a mesa de forma axeitada.
  • Servizo básico de bebidas.
  • Elaboracións culinarias básicas: petiscos, aperitivos,...