Concurso de ideas para a asignación de nome a rúas de Valdoviño

Algunhas das rúas do núcleo urbano de Valdoviño non teñen nome, o que dificulta a súa identificación e a numeración das edificacións existentes. Para cambiar esta situación, o Concello de Valdoviño porá nome a 69 rúas do núcleo de Atios e o seu entorno máis inmediato.
 
Co obxectivo de facer esta selección dun xeito completamente aberto e participativo, convócase un concurso público de ideas, destinado a escoller o nome desas vías.
 
Tal e como recolle o bando publicado dende a Alcaldía (Bandos), o concurso público terá unha duración de dous meses e poderanse consultar as normas de participación e todos os documentos relacionados tanto na planta baixa da Casa do Concello, como na Casa da Cultura e nesta web, na seguinte convocatoria: Concurso de nomes para as rúas de Valdoviño.