Inicio da contratación da instalación dun pozo para valeirado de fosas sépticas

A Xunta de goberno local do Concello de Valdoviño acordou o inicio do expediente de contratación da obra incluída no PCC (Plan de Cooperación cos Concellos) da Deputación Provincial da Coruña de denominación Instalación dun pozo para valeirado e decantación de fosas sépticas na EDAR Valdoviño, cun orzamento de 44.491,63 euros.
 
Procedemento negociado sen publicidade obrigatoria, con invitación ás empresas Construcciones Fego Atlántico, S.L., Terra Medio Ambiente S.L., Candal, Excavaciones y Obras, S.L.
 
Toda a documentación técnica atópase no perfil de contratante da web: Instalación dun pozo para valeirado e decantación de fosas sépticas na EDAR Valdoviño.