Valdoaventura, a feira de turismo e aventura

A Feira de Turismo e de Aventura VALDOAVENTURA convírtese na mellor opción para pasar a fin de semana máis divertida do verán 2014, os días 5 e 6 de xullo.

Para aquelas persoas que se dedican ao negocio do turismo e a promoción de servizos vacacionais, VALDOAVENTURA  convírtese nunha cita obrigatoria onde atopar contactos comerciais con posibles clientes e coñecer unha amplia gama de servizos como ráfting, sendeirismo, mergullo, ciclismo, campamentos, paseos a cabalo, hospedaxe, guías turísticos... entre outros.
 
Da mesma forma VALDOAVENTURA inclúe outras actividades como unha área gastronómica, unha área multiaventura e unha zona de talleres infantís entre outros que impresionarán ao público asistente.
 
VALDOAVENTURA  é un evento único na Comarca para todos os amantes do deporte e do ocio no que tamén poderán disfrutar de exhibicións e actucións musicais.