Programa de Voluntariado "V" - Valdoviño

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, vai poñer en marcha un programa de voluntariado dirixido a todas aquelas persoas que desexen colaborar como persoas voluntarias naquelas accións que se programen dende o Concello incluidas nos distintos ámbitos recollidos na Lei 10/2011, de 28 de novembro, de acción voluntaria.
 
Para iniciar o programa, o Concello fará a captación de voluntariado nunha primeira actividade prevista, Feira de Turismo Activo e de Aventura Valdoaventura. Para darse de alta como voluntario/a ou recibir máis información debe achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamar ao 981487041-ext.5