Musicoterapia para maiores de 55 anos

Dentro do programa de Envellecemento Satisfactorio, subvencionado pola deputación da Coruña, o concello de Valdoviño pon en marcha uns obradoiros de Musicoterapia, dirixido a persoas de máis de 55 anos.
 
A musicoterapia é unha ferramenta terapéutica que se sirve da música, os sons e as vibracións para optimizar as canles de comunicación, a aprendizaxe, a memoria, a motricidade e a expresión, dende unha perspectiva preventiva e rehabilitadota, co fin de mellorar a nosa calidade de vida.
 
As sesións serán gratuítas e realizaranse na Casa da Cultura, durante os meses de marzo e abril, os xoves de 16:30 a 18:00 horas.
 
Inscricións e información: Servizos Sociais (baixo do concello). 981.487.041. (extensión 5). Data límite para a inscrición: 6 de marzo.