Obradoiros de Conciliación Creativos

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, da continuidade ás actividades para a conciliación da vida familiar e laboral dentro do Programa CONCILIA, financiado pola Deputación da Coruña para o ano 2013.
Para a festividade de entroido contémplanse uns obradoiros creativos (coa igualdade de xénero como temática) dirixidos a nenos/as de 3 a 12 anos. Levaranse a cabo o 3,4 e 5 de marzo na Casa da Cultura de 10 a 14 horas.
Prazo de inscrición: ata o 28 de febreiro
Lugar de inscrición: Departamento de Servizos Sociais ou no tlf. 981497041 - ext.5