Cursos de língua galega preparatorios para as probas Celga

O Concello de Valdoviño propón a realización dun curso de lingua galega preparatorio para as probas de nivel CELGA 3. da Secretaría Xeral de Política Lingüística dependente da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 

  • Os destinatarios-as terían que ser persoas maiores de 16 anos ou que os fagan durante este ano 2014.
  • As datas de realización dos mesmos serían os meses de abril e maio.
  • Para a realización formal do curso, terá que haber un número mínimo de interesados-as no mesmo.
  • Para facer a pre-inscrición haberá que chamar á Casa da Cultura do Concello en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, de luns a venres; ou presentarse no mesmo horario nas instalacións da mesma.