Obradoiro de Risoterapia

Dentro do programa de Envellecemento Satisfactorio, subvencionado pola deputación da Coruña, o concello de Valdoviño pon en marcha uns obradoiros de Risoterapia dirixido a persoas de máis de 55 anos.
 
A risa axuda a obter benestar, mellorar o estado de ánimo e reducir a tensión, dun modo lúdico e pracenteiro. Os efectos da risa sobre o organismo son múltiples e utilízanse para superar problemas físicos, psicolóxicos e sociais.
 
A través desta actividade grupal persíguese crear un ambiente distendido, de comunicación, que permita liberar estrés e tensións.
 
As sesións serán gratuítas e realizaranse na Casa da Cultura, en dous días: venres 21 de febreiro, de 16:00 a 17:30, e o luns 24 de febreiro, de 11:00 a 12:30.
 
Inscricións e información: Servizos Sociais (baixo do concello). 981.487.041. (extensión 5). Data límite para a inscrición: 18 de febreiro.