Contacontos no Día da Paz e da Ilustración

A Asociación Lareira Global iniciará o vindeiro venres 31 a sesión de contacontos do ano 2014 coa contada A longa viaxe de Panchito, baseada nunha historia de Castelao. Comezará ás 18,30 horas na Casa de Cultura do Concello e está dirixida a nenos a partires de 3 anos.
 
Con esta historia que nos fala de igualdade e da loita contra as diferencias entre razas e que se presenta acompañada dunha actividade de ilustración, a Biblioteca de Valdoviño colabora para a celebración do Día da Paz e do día da Ilustración.