Entradas para a actuación do grupo Mamá Cabra

Para a actuación do grupo musical Mamá Cabra, que terá lugar o sábado 4 de xaneiro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal, haberá entradas con convite.
 
Os veciños de Valdoviño que sexan socios da Biblioteca Municipal poderán recoller as entradas na oficina da mesma ata o 30 de decembro, nos seguintes horarios:

  • Ata o venres 20 de decembro: de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
  • Luns 23, xoves 26 e venres 27 de decembro: de 10:00 a 13:00 horas.

Pasadas estas datas entregaranse as entradas que resten ata encher o aforo a calquera persoa interesada, podendo recollerse durante os días 2 e 3 de xaneiro na Casa da Cultura (en horario de 10:00 a 13:00 horas).