"MIMATE": Obradoiro de Sexualidade na Madurez

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, co financiamento da Deputación da Coruña dentro do Programa de Envellecemento Activo 2013, levará a cabo a próxima semana un obradoiro sobre sexualidade na madurez, "MIMATE".
 
O obradoiro vai dirixido a persoas maiores de 55 anos de ambos sexos.
 
Lugar: Auditorio - Casa da cultura
 
Martes 17 de 18:00 a 20:00 horas
Xoves 19 de 16:30 a 18:30 horas
Venres 20 de 16:30 a 18:30 horas
 
Máis info: 981487041   ext.5