Recollida de Xoguetes - IV Xuntanza Solidaria de Nadal

O Domingo día 1 de decembro levouse a cabo na Casa da Cultura a IV Xuntanza Solidaria de Nadal, organizada polo Concello de Valdoviño (Dpto. de Servizos Sociais) en colaboración coas asociacións veciñais/culturais do Concello.
 
A recollida, ao igual que en anos anteriores, foi un éxito, xuntando un gran volume de xoguetes, suficientes para repartir entre un total de 22 familias con maiores necesidades nesta época. O nº de menores beneficiarios/as ascende a 36.
 
Tanto o Concello como as familias beneficiarias agradecen a colaboración e solidariedade dos seus veciños/as.