"Un Nadal Diferente": Obradoiros de Conciliación

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, volve a retomar os obradoiros de conciliación nas vacacións de Nadal. "Un Nadal Diferente" é un proxecto de actividades lúdico-educativas financiado pola Deputación da Coruña, dirixido a familias con nenos/as entre 3 e 12 anos con cargas laborais que precisen dunha alternativa ao coidado dos/das menores nas épocas vacacionais. Levaranse a cabo os días 23,24,26,27,30,31 de decembro e 2,3 e 7 de xaneiro na Casa da Cultura de 10 a 14 horas.
 
Prazo e lugar de inscrición: do 2 ao 18 de decembro no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios ou no tlf. 981487041 - ext.5
 
Prazas limitadas.