Feira da pataca: bases do concurso de tortilla

Bases do concurso de tortilla de patacas que se celebrará o vindeiro 14 de setembro, dentro do feirón mensual dedicado á pataca:

  1. O ingrediente principal da Tortilla de Pataca será a Pataca de Valdoviño.
  2. Cada participante poderá presentar o número de Tortillas de Patacas de Valdoviño que desexe.
  3. Cada Tortilla de Patacas de Valdoviño levará asignado un número para que o xurado non sepa en ningún momento de quen é a tortilla presentada.
  4. As Tortillas de Patacas de Valdoviño deberán ser entregadas no espacio habilitado para elas no Feirón mensual de Valdoviño antes das 12:30 horas do sábado 14 de setembro de 2013.
  5. A partir das 13:00 horas o xurado empezará a probar as Tortillas de Patacas de Valdoviño para ás 14:00 horas dar o seu veredicto.
  6. As 14:00 horas darase a coñecer o resultado do Concurso de Tortilla de Patacas de Valdoviño e se poñerán a disposición do público asistente no feirón as Tortillas de Patacas de Valdoviño presentadas.
  7. Haberá tres categorías de premios da Tortilla de Patacas de Valdoviño: a. Máis sabrosa. b. Máis grande. c. Mellor presentación.
  8. As persoas interesadas en participar no Concurso de Tortilla de Patacas de Valdoviño deberán apuntarse no Concello de Valdoviño, no número de teléfono 646 237 618 ou na dirección de correo electrónico manolobacorelle@yahoo.es antes do sábado 14 de setembro de 2013.