O feirón trae aeromodelismo, paella e música de rondalla

Este sábado 13 de xullo celébrase unha nova edición do feirón mensual de Valdoviño, nesta ocasión dedicado ao aeromodelismo. Cun horario que se amplía ata última hora da tarde, a xornada pecharase coa actuación da rondalla Sonidos del Alba.
 
O feirón tamén terá o seu momento solidario, coa elaboración dunha paella popular gratuíta, a partir das 18:30. Para poder degustar a paella unicamente haberá que levar un alimento non perecedeiro, que será recollido por persoal de Cáritas Valdoviño para repartilo posteriormente entre os veciños máis necesitados do municipio. O Concello de Valdoviño apela á solidariedade dos veciños e visitantes para que acudan o feirón e á degustación da paella popular e aporten o seu alimento.
 
 
Exhibición de aeromodelismo
As persoas que se acerquen polo recinto poderán atopar unha exposición estática de aeromodelismo e actividades relacionadas con esta especialidade, ademais dos postos habituais.
 
Levada a cabo polo Club de Vuelo As Gaivotas, a exhibición consistirá no seguinte:
 

  • Avións e helicópteros de distintos tamaños.
    1. Entrenadores.
    2. Cazas.
    3. Maquetas.
    4. Acrobáticos.
  • Demostración de voo con octocópteros.
    1. Voo cada hora.
    2. Grabación de video.
    3. Voo en primeira persoa (FPV).
  • Explicación das distintas modalidades de voo.
  • Bautismo aéreo virtual.
    1. Voo dun aeromodelo nun simulador.
    2. Entregarase diploma acreditativo.