Posta en marcha da Oficina de Turismo

Coa chegada do mes de xullo abre as súas portas a Oficina de Turismo do Concello de Valdoviño. Situada na céntrica Porta do Sol, o horario de atención ao público é de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

Ademais, os interesados en contactar co persoal xestor deste servizo tamén poden facelo chamando ao número de teléfono 981 487 673, enviando as súas consultas ao enderezo de correo turismo@concellodevaldovino.com ou a través da páxina propia en Facebook e a conta en Twitter.
 
Asímesmo, este luns 1 de xullo ponse en marcha o servizo de salvamento e socorrismo nas praias de Valdoviño. Operativo ata o 31 de agosto, este servizo será proporcionado pola empresa Seforgasa, S.L. (máis información no Perfil de contratante da web: Servizo de salvamento e socorrismo 2013).