Valdoviño celebra este sábado o seu XVIII Festival de Comparsas de Entroido

Valdoviño despedirá mañá sábado o Entroido co seu tradicional Festival de Comparsas. Un certame que este ano acada as 18 edicións. No mesmo, confirmaron a súa asistencia nove comparsas de diferentes localidades da comarca e a cita, se o tempo o permite, dará comezo ás 17,30 horas nas inmediacións da Casa do Concello. Dende este punto partirá o pasarrúas con destino ata a Casa da Cultura. Se as condicións meteorolóxicos o impedisen, o festival arrancará sobre as 18 horas na carpa habilitada no auditorio exterior do centro cultural.

O Concello incorpora clases de baile para adultos á programación de actividades

A Concellería de Deportes abre o prazo de inscrición na actividade, que inclúe as modalidades de kizomba, bachata e salsa
 
A cuota mensual é de 8,86 euros
 

A Valedora trasládase a Valdoviño para atender in situ as consultas e queixas da veciñanza

A Valedora deixando constancia da súa visita no libro de sinaturas de Valdoviño

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, acompañado da concelleira de Cultura, Rosana García, recibían esta mañá á Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, de visita institucional ó Concello para atender as consultas e queixas da veciñanza do municipio. Á súa chegada á casa consistorial, Milagros Prieto saudaba ós traballadores municipais e procedía á sinatura no libro de ouro do Concello. Acto seguido, mantiña un encontro de traballo co rexidor, a edila e funcionarios municipais.
 

Xornada de visita da Valedora do Pobo ó Concello de Valdoviño

A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, trasládase este mércores 14 de febreiro a Valdoviño. A institución atenderá en persoa as queixas e consultas que queiran facerlle chegar os veciños nunha xuntanza que se celebrará entre as 16 e as 18 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.
 
O programa da valedora do pobo incluirá unha visita á Casa do Concello (12 horas) onde se entrevistará co alcalde, Alberto González, e cos membros da Corporación Municipal e deixará constancia da visita no libro de sinaturas municipal.
 

O programa “Lecturas compartidas” reúne ós estudantes do CPI Atios e ós maiores de Meirás e Sequeiro para falar do mundo do cabalo

Momento de "Lecturas compartidas" en Sequeiro

O alumnado de 6º de Primaria compartiu os seus coñecementos sobre a experta equina Lucy Rees cos maiores e estes explicáronlles como se recurría ós cabalos para traballar a terra
 
O primeiro encontro interxeneracional do proxecto celebrouse esta mañá na antiga escola unitaria da Carreira
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS