A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desplazarase a Lago e Vilaboa este mes

A Unidade Móbil 3 de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desplazarase ao Concello de Valdoviño este mes para facilitar as revisións deste tipo de vehículos. Así, as persoas interesadas poden solicitar cita previa para as inspeccións a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00. Deste xeito, a unidade estará o 26 de marzo na explanada da cooperativa de Lago e o 27 de marzo na explanada da igrexa de Vilaboa.
 

“Tróupele, Tróupele”, gañadora do XX Festival de Comparsas de Entroido

Momento do festival

«Tróupele, Tróupele», de Narón, volveu a facerse co trunfo no Festival de Comparsas do Concello de Valdoviño, celebrado o pasado sábado. Así mesmo, A Canteira, de Neda, recibiu o premio especial do xurado.
 

A Deputación iniciará este martes traballos de mellora na intersección de baixada á praia

A Deputación provincial da Coruña vén de comunicar ao Concello de Valdoviño o inicio dos traballos de mellora da intersección de baixada á praia da Frouxeira (cruce con Avenida Areeiros e Couce Casas). A intervención comezará mañá martes 3 de marzo e contempla a ampliación do ancho da calzada para facilitar a mobilidade na intersección e o acondicionamento da beirarrúa.
 

Novo Servizo de Orientación Laboral no Concello de Valdoviño

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da posta en marcha do Servizo de Orientación Laboral no municipio grazas a un programa da Mancomunidade cofinanciado polo Ministerio de Traballo e a Consellería de Emprego, xunto aos concellos de Ares, Mugardos, Neda e Valdoviño. Así, unha orientadora laboral ofrece asesoramento os xoves ás persoas demandantes de emprego. Ten a súa oficina no segundo andar da casa consistorial e as persoas interesadas teñen á súa disposición o teléfono de información e cita previa 627 586 101.
 

Simulacro de incendio na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia

Foto de familia tras o simulacro

Pequerrech@s e mestras da Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia tomaron parte o pasado venres nun simulacro de incendio nas instalacións. Unha iniciativa que completaba a formación recibida polas profesionais hai unhas semanas no marco do plan de autoprotección do centro. Segundo Previnem, a empresa encargada de guiar a actividade, nenas/os e docentes pasaron con nota a proba. Unha acción que seguía de preto o alcalde, Alberto González, e a educadora familiar, Iria Rodríguez.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS