O Concello de Valdoviño activa unha liña telefónica de apoio psicolóxico

O Concello de Valdoviño vén de activar un servizo de apoio para aqueles veciños e veciñas que nestes momentos de confinamento se sintan mal e precisen de axuda psicolóxica ou necesiten falar. Deben descolgar o teléfono e chamar aos números 981 487 041 (extensión 5) ou 618 691 091.
 

As actividades deportivas do Concello, vía whatsapp, online ou telefónica

Deporte no domicilio

Porque cada situación é diferente, e a fin de garantir a continuidade das actividades deportivas do Concello de Valdoviño neste tempo de confinamento, os/as monitores artellaron diferentes fórmulas adaptadas á situación, circunstancias e medios tecnolóxicos dos/as alumnos e alumnas.
 

Un cumpreanos un pouco máis alegre para os nenos e nenas de Valdoviño

Cartaz da iniciativa

O Concello de Valdoviño e Protección Civil propuxéronse darlles unha sorpresa e, con sorte, arrincarlles un sorriso a todos os nenos e nenas de Valdoviño que estén de cumpreanos nestes días de confinamento obrigado polo coronavirus. Con esta intención, e a petición dos seus pais e nais, acudirán nesas datas tan sinaladas ata as inmediacións dos seus fogares cos vehículos municipais. Alí, farán soar as sereas e activarán as luces para acompañar o cumpreanos feliz.
 

Os traballos realizados na antena do Coval ampliarán o alcance do sinal de televisión, telefonía e Internet

Antena do Coval

A instancias do Concello, Movistar completaba no día de onte os traballos eléctricos na antena municipal do Coval, necesarios para mellorar as comunicacións no municipio e, nomeadamente, evitar os problemas de recepción do sinal en zonas de Loira, Pantín, Vilaboa e Vilarrube.
 

Gairesa dona ao Concello de Valdoviño 135 litros de xel desinfectante

O Concello recepcionou esta mañá o material

A empresa química Gairesa donou esta mañá ao Concello de Valdoviño 135 litros de xel desinfectante para distribuír entre os servizos sociosanitarios do municipio.
 
Gairesa, empresa española líder na formulación e fabricación de resinas epoxi, poliuretanos, imprimacións, adhesivos de metacrilato e pinturas acrílicas, con sede en Valdoviño, concentrou nos últimos días a súa producción para facer posible este material, hoxe en día clave como medida de protección contra o coronavirus. Un exemplo de compromiso e solidariedade.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS