CPI Atios, Concello, Fundación Ecomar e Volvo Cars únense para limpar de plásticos e residuos a praia da Frouxeira

CPI Atios, Concello de Valdoviño, Fundación Volvo Cars España e Fundación Ecomar uníanse esta mañá para levar a cabo unha gran recollida de residuos na praia da Frouxeira. Nela tomaron parte uns 90 nenos e nenas estudantes de 5o e 6o curso de Educación Primaria do cole valdoviñés, os seus profesores e profesoras e persoal de Volvo Cars e Ecomar, así como o propio alcalde, Alberto González, e os concelleiros de Deportes, Sergio Saavedra; Cultura, Jessica Sabín, e Turismo, Rosana García.
 

Aprazada ata novo aviso a IV Volta ás Forcadas do Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, informou esta mañá de que a Volta ás Forcadas prevista para este domingo queda aprazada ata novo aviso. O departamento municipal viuse obrigado a tomar esta medida por problemas técnicos e pide desculpas de antemán polas posibles molestias ocasionadas. Así mesmo, comprométese a que, en canto lle sexa posible, informará da nova data para a celebración da proba.
 

O Concello abre a inscrición no programa Concilia Tempos, ocio didáctico para nenos e nenas en xullo e agosto

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá que o Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, porá en marcha nos meses de xullo e agosto o programa municipal Concilia Tempos.
 
Un recurso para favorecer a conciliación familiar e laboral das familias do municipio nas vacacións escolares e unha completa oferta de actividades de ocio didáctico para os máis pequenos e pequenas da casa, como roteiros, xogos, deportes, natureza, investigación...
 

Bando Luminarias de San Xoán e San Pedro 2019

O Alcalde/Presidente do Concello de Valdoviño fai saber:
Co obxecto de proceder a inscrición neste concello, para as luminarias de San Pedro e San Xoán en ámbitos de solo Urbano e Núcleo Rural haberá que ter en conta en todo caso as seguintes precaucións:

Últimos días para anotarse nas I Xornadas de Pesca Infantil Concello de Valdoviño

As xornadas celébranse en Vilarrube

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, anima a nenos e rapaces a apuntarse nas I Xornadas de Pesca Infantil, organizadas pola Asociación Deportiva O Rodaballo coa colaboración do Concello. Celebraranse o sábado 22 de xuño, de 18,30 a 21,30 horas na praia de Vilarrube, e están dirixidas a menores de 18 anos.
 
A participación é gratuíta e a inscrición está aberta. Débese formalizar no Concello de Valdoviño de 9 a 14 horas ou a través do email rodaballoferrol@gmail.com (o prazo pecharase o 18 de xuño).

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS