Últimos días para anotarse nas I Xornadas de Pesca Infantil Concello de Valdoviño

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, anima a nenos e rapaces a apuntarse nas I Xornadas de Pesca Infantil, organizadas pola Asociación Deportiva O Rodaballo coa colaboración do Concello. Celebraranse o sábado 22 de xuño, de 18,30 a 21,30 horas na praia de Vilarrube, e están dirixidas a menores de 18 anos.
 
A participación é gratuíta e a inscrición está aberta. Débese formalizar no Concello de Valdoviño de 9 a 14 horas ou a través do email rodaballoferrol@gmail.com (o prazo pecharase o 18 de xuño).

Aberto o prazo para solicitar unha praza no Campus de Verán do RC Celta en Ares

Cartaz do campus

O Concello de Valdoviño pon a disposición dos nenos e nenas de entre 4 e 16 anos, empadroados no municipio, unha praza para participar no Campus de Verán da Fundación Celta by Cabreiroá que se celebrará en Ares entre o 15 e o 19 de xullo.
 

Últimos días para apuntarse á Volta ás Forcadas

Últimos días de inscrición

O Concello de Valdoviño lembra que este xoves 13 de xuño conclúe o prazo de inscrición na cuarta edición da carreira Volta ás Forcadas. Unha cita deportiva para todas as idades que se celebrará este domingo día 16, a partir das 11 horas e punto de partida en Loira. Con cuota de 4 euros para as categorías sénior, é gratuíta para as restantes. Así, o concelleiro de área, Sergio Saavedra, apunta que as persoas interesadas en tomar parte deben anotarse na seguinte web: www.galitiming.com.
 

En marcha as obras do primeiro Centro Sociocomunitario de Valdoviño

O alcalde, Alberto González, xunto ao concelleiro de Obras, Benito Vega, realizaba unha visita de inicio de obra ao antigo mercado municipal, espazo que acollerá nuns meses o primeiro Centro Sociocomunitario de Valdoviño. Será tras a intervención en marcha, cuxa primeira fase foi adxudicada á empresa Areco Arquitectura por un importe de 236.295,01 euros. Uns fondos que cofinancian Xunta e Concello, ao igual que a segunda fase.
 

O escritor Ramón Casadó presenta en Valdoviño a súa primeira novela

O escritor catalán Ramón Casadó Sampedro presentará este domingo, 9 de xuño, a súa primeira novela, Cuando despiertes, procura recordar en Valdoviño. Será a partir das 19 horas na sala de exposicións temporais, con entrada libre.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS