“Lecturas Compartidas” este venres ás 10,30 horas na Biblioteca municipal de Valdoviño

Nova sesión do programa “Lecturas Compartidas” que impulsa a Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística do CPI Atios e máis o Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura. Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria desprazaranseá Biblioteca  para lerlles ós maiores. A cambio, estes falaranlles das diversións da súa época e de lendas da zona. 

Valdoviño invita a veciños e visitantes á súa I Xuntanza de Palilleiras e Multilabores

Un total de 390 palilleiras confirmaron a súa asistencia á primeira edición da Xuntanza de Palilleiras e Multilabores do Concello de Valdoviño.
 
Celebrarase este sábado, 10 de xuño, no pavillón municipal do Longoiro, organizada polo Concello e o grupo “Mundillos y Dedales”.
 

O Concello de Valdoviño abre este venres a inscrición en Concilia Verán

O alcalde, Alberto González, avanzou esta mañá que o Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, reeditará este ano o programa municipal Concilia Verán. Un recurso para favorecer a conciliación familiar e laboral das familias do municipio nas vacacións escolares e unha completa oferta de actividades de ocio didáctico para os máis pequenos e pequenas da casa, como roteiros, xogos, deportes, natureza, investigación…
 

Valdoviño celebra este domingo a segunda edición da carreira Volta ás Forcadas

O Concello de Valdoviño celebrará este domingo, 11 de xuño, a segunda edición da carreira Volta ás Forcadas. Preto dun centenar de persoas formalizaron xa a súa inscrición a través da plataforma www.prueba-t.es, do email xan.suarez@prueba-t.es ou do teléfono: 652 214 833.
 
O prazo, para os interesados, rematará este venres, 9 de xuño, ás 23:59 horas.
 

Concello e AFAL organizan a xornada “Colaborando pola seguridade no alzhéimer”

Busca facilitar información e estratexias que faciliten o manexo da situación en casos de desaparición, conflitos ou delirios da persoa afectada
 
Celebrarase no salón de plenos este xoves ás 20 horas e está especialmente dirixida a axentes de Policía Local, Protección Civil e Garda Civil
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS