A exposición do XV Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo poderá visitarse dende este venres en Valdoviño

A Casa da Cultura de Valdoviño estrea nova exposición coa vista posta na Semana Santa. Así, dende mañá venres, 12 de abril e ata o vindeiro 1 de maio, albergará a mostra do XV Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, que promove a Deputación provincial da Coruña.
 
Estará a disposición do público de luns a venres de 12 a 14 horas e sábados, domingos e festivos neste horario e tamén de tarde, de 16 a 19 horas.
 

Concello e Valdoviño Azul organizan unha ruta guiada pola antiga zona mineira do Porto

O Concello, a través da Concellería de Cultura, e a Asociación Valdoviño Azul organizan unha ruta guiada pola antiga zona mineira do Porto. A iniciativa, segundo explicou o alcalde, Alberto González, celebrarase o domingo 21 de abril ás 11,30 horas. As prazas son limitadas e a participación é gratuíta, aínda que se precisa de inscrición previa.
 
Así, as persoas interesadas deben formalizala na Casa da Cultura ou no teléfono 981 48 76 66 mañá xoves 11 de abril, venres 12, luns 15, martes 16 ou mércores 17, de 10 a 14 horas.
 

O pleno dá luz verde ao contrato das obras da primeira fase de construción do primeiro centro sociocomunitario de Valdoviño

En marcha o centro sociocomunitario

O pleno municipal, reunido onte en sesión extraordinaria, daba luz verde á formalización do contrato da primeira fase das obras de contrución do que será o primeiro Centro Sociocomunitario de Valdoviño. O alcalde, Alberto González, explicaba que o Concello cumplimentaba o último trámite previo á firma do contrato, adxudicado á empresa Areco Arquitectura por un importe de 236.295,01 euros.

O Concello dotará o entorno da Frouxeira de conexión wifi gratuíta

O alcalde, Alberto González, avanzou esta mañá a intención do Concello de convertir o paseo da praia e lagoa da Frouxeira no primeiro espazo público do municipio en dispor de conexión wifi gratuíta para os veciños e veciñas. Con ese obxectivo, a Administración local vén de presentar o proxecto á liña de axudas europeas "Wifi4EU". Solicita unha subvención estimada en 15.000 euros para a instalación e o equipamento de equipos de wifi nesta contorna, de modo que o custe da iniciativa sexa cero para as arcas municipais.
 

VII Festival Solidario a favor de Cáritas este sábado no Concello de Valdoviño

Cartaz do Festival

Entidades veciñais, culturais, deportivas, ANPA e asociación de amas de casa, en colaboración co Concello e coas empresas Paula Raamonde Varela, Pabulandia e Industrias ET, únense este sábado para organizar a VII edición do Festival Solidario a favor de Cáritas. Unha oportunidade para disfrutar dunha xornada de lecer e, ao mesmo tempo, apoiar a extraordinaria labor de Cáritas.
 
Así, o festival desenvolverase en horario de mañá no pavillón do CPI Atios, e de tarde na Casa da Cultura, e a veciñanza pode colaborar cos seus donativos, que se establecen en tres euros.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS