O alcalde de Valdoviño, Alberto González, avanzou esta mañá a celebración no municipio das I Xornadas Surf e Desenvolvemento Sostible, que terán lugar o xoves 28 e o venres 29 de novembro no Océano Surf Museo. Segundo explicou, con elas búscase crear unha canle de diálogo entre as entidades que, tanto no concello como na bisbarra, desenvolven a súa actividade económica en torno ao produto de surf, e o seu obxectivo fundamental é mellorar a competitivade do sector no territorio.
Enviado por Comunicación a Lun, 11/11/2019 - 13:52
O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, abrirá mañá martes o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí 2020 que promove a Deputación provincial da Coruña. Un trámite que debe formalizarse ata o 4 de decembro no Rexistro Xeral –a ficha de inscrición pode descargarse da web municipal-. A través da mesma, rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2020) poderán gozar de estancias na estación de Cabeza de Manzaneda.
Enviado por Comunicación a Lun, 11/11/2019 - 13:49
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, avanzou esta mañá a celebración no municipio das I Xornadas Surf e Desenvolvemento Sostible, que terán lugar o xoves 28 e o venres 29 de novembro no Océano Surf Museo. Segundo explicou, con elas búscase crear unha canle de diálogo entre as entidades que, tanto no concello como na bisbarra, desenvolven a súa actividade económica en torno ao produto de surf, e o seu obxectivo fundamental é mellorar a competitivade do sector no territorio.
A deputada provincial Sandra González, responsable da área de Educación, realizou no día de onte unha visita ao municipio de Valdoviño para interesarse polos proxectos en materia educativa e de mocidade que está a desenvolver o Concello. Na mesma, estivo acompañada dos concelleiros de Educación, Rosana García; Deportes, Sergio Saavedra, e Urbanismo, Alejandro García. No transcurso da mesma, desprazáronse ao CPI Atios para realizar un percorrido polo centro, guiado polo seu director, Antonio Cebreiro, que concluíu cun breve encontro no que abordaron proxectos e vías de colaboración.
O alcalde, Alberto González, informou de que o Concello investirá 19.000 euros nunha ambiciosa intervención para acondicionar o aparcadoiro contiguo ao CPI Atios. Con capacidade para máis dun centenar de vehículos, sitúase nunha parcela de 2.500 metros cadrados a escasos dous metros da entrada de acceso ao centro. Foi cedida ao Concello para este fin polos veciños Balbina Cal e Pablo Bouza.