O Concello de Valdoviño abre a inscrición na VIII edición da Milla Urbana a favor de Cáritas

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, informou esta mañá de que, un ano máis, o paseo da Lagoa da Frouxeira será escenario da Milla Urbana Concello de Valdoviño. Organizada pola Concellería de Deportes, chega á súa oitava edición.

Jonathan Fernández e Begoña Pacio, vencedores absolutos da IV Volta ás Forcadas

Jonathan Fernández Ríos, do clube Pasa ou Entorna, e Begoña Pacio López, corredora independente, proclamáronse vencedores absolutos da cuarta edición da carreira Volta ás Forcadas disputada no día de onte neste singular enclave. Unha cita xa consolidada no calendario deportivo do municipio que organiza a Concellería de Deportes de Valdoviño. O seu titular, Sergio Saavedra, entregaba xunto ao alcalde, Alberto González, os premios aos deportistas máis rápidos e medallas a todos os participantes das categorías inferiores.

Deputación e Concello de Valdoviño analizan o trazado da Senda dos Faros no municipio

A senda terá 8 quilómetros

Técnicos da Deputación da Coruña reuníronse en Valdoviño co alcalde da localidade, Alberto González, para analizar os detalles do tramo da Senda dos Faros que discorerrá polo municipio. Na xuntanza tamén estiveron presentes o concelleiro de Obras, Alejandro García, e o arquitecto municipal Carlos Abeledo.
 

Concello e Xunta avanzan nas xestións para dar resposta ás necesidades de transporte dos estudantes aos institutos de Ferrol e Narón

Concello e Xunta de Galicia avanzan nas xestións coas que dar resposta ás necesidades de transporte dos alumnos e alumnas que cursan os seus estudos de Bacharelato nos institutos das cidades de Ferrol e Narón. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, explicou que a conexión entre Valdoviño e os centros educativos, con frecuencias adaptadas aos horarios lectivos, foi unha das demandas trasladadas polo Concello ao novo plan de transporte metropolitano deseñado pola Xunta.

A oferta deportiva do Concello para este curso inclúe ximnasia nas parroquias, zumba, bailes latinos, tiro con arco e tenis

Aberto o prazo de inscrición

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, volve a apostar pola descentralización das actividades deportivas nas diferentes parroquias, e de aí que este ano volva a programar as clases de ximnasia en Meirás, Valdoviño, Vilaboa e Vilarrube. Así mesmo, a programación municipal deportiva para este curso, segundo informou o concelleiro de área, Sergio Saavedra, inclúe tamén clases de zumba en Vilarrube; tiro con arco e tenis (para persoas adultas, junior e nenos/as) en Meirás e bailes latinos en Valdoviño.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS