O Concello de Valdoviño abre o prazo de inscrición nas clases de ioga

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, informou esta mañá da apertura do prazo de inscrición nas clases de ioga. Celebraranse en horario de mañá (de 10 a 11,30 h) e de tarde (de 20,30 horas a 22 horas) na Casa da Cultura e, no caso de existir demanda suficiente, a actividade tamén se ofertará no local social de San Miguel (de 12 a 13,30 horas e de 18,30 a 20 h). As persoas interesadas nas clases, cun custe mensual de 20 euros, poden formalizar a súa inscrición dende xa na casa consistorial (no rexistro municipal de luns a venres de 9 a 14 h).

O Concello saca a contratación a mellora dos accesos ás praias de Meirás, construcción dun aparcamento e dun campo de herba artificial

Recreación da obra

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, avanzou esta mañá que o Concello vén de sacar a contratación as obras de construción dun aparcadoiro disuasorio na contorna do campo de fútbol de Meirás nuns terreos cedidos polos veciños da parroquia, así como nos viais municipais; os traballos de reordenación e mellora da accesibilidade ás praias de Punta Frouxeira e a construción dun campo de fútbol de herba artificial anexo ao terreo de xogo actual. Unha ambiciosa intervención orzamentada en 349.948,19 euros que financiarán Concello e Deputación provincial.
 

Últimos días para anotarse na I Quedada Motera Solidaria organizada polo Cámping A Lagoa de Valdoviño

Coa colaboración do Concello de Valdoviño, o Cámping municipal de A Lagoa organiza o vindeiro sábado 5 de outubro a I Quedada Motera Solidaria. Arrancará ás 10 horas coa concentración no cámping. Ás 11 horas, iniciarase unha ruta baixo a denominación «Litoral Norte» e previsión de chegada ás 12 horas, con parada incluída, en Ortigueira. De aí, regresarase ao cámping para disfrutar, sobre as 14,30 horas, dunha caña de benvida e dun xantar de confraternidade con sorteo de agasallos, música e festa.

O Concello de Valdoviño abre a inscrición na VIII edición da Milla Urbana a favor de Cáritas

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, informou esta mañá de que, un ano máis, o paseo da Lagoa da Frouxeira será escenario da Milla Urbana Concello de Valdoviño. Organizada pola Concellería de Deportes, chega á súa oitava edición.

Jonathan Fernández e Begoña Pacio, vencedores absolutos da IV Volta ás Forcadas

Jonathan Fernández Ríos, do clube Pasa ou Entorna, e Begoña Pacio López, corredora independente, proclamáronse vencedores absolutos da cuarta edición da carreira Volta ás Forcadas disputada no día de onte neste singular enclave. Unha cita xa consolidada no calendario deportivo do municipio que organiza a Concellería de Deportes de Valdoviño. O seu titular, Sergio Saavedra, entregaba xunto ao alcalde, Alberto González, os premios aos deportistas máis rápidos e medallas a todos os participantes das categorías inferiores.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS