Entregadas máis de 3.000 pantallas faciais creadas polos Makers Valdoviño

Hai apenas 3 semanas nacía en Valdoviño o movemento Maker Solidario. Capitaneado pola arquitecta técnica Reyes Montero, xefa do departamento de tecnoloxía do CPI Atios, e a estudante Alex Beceiro, este equipo está hoxe en día integrado por 31 homes e mulleres, de Valdoviño principalmente, pero tamén doutros concellos limítrofes como Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e incluso Vilalba. E, en apenas 3 semanas, xuntos crearon coas súas impresoras 3D 3.079 pantallas faciais contra o coronavirus (a cifra é do sábado, pero seguro que hoxe xa medrou considerablemente).
 

ValdoAntídotos contra o coronavirus

O Concello, a través da Concellería de Cultura, vén de poñer en marcha «ValdoAntídotos» contra o coronavirus. Un proxecto que amadriña a escritora local Rosa Aneiros dirixido aos nenos e nenas e rapaces e rapazas do noso municipio. Con el, preténdese combater a segunda pandemia derivada do COVID-19, a pandemia da tristeza, o aburrimento e a desesperanza que asola a moitas persoas soas, enfermas ou preocupadas por un futuro incerto. Para combatila, o Concello quere pedir a axuda da veciñanza máis nova e solicítalles que constrúan os seus ValdoAntídotos.
 

Os concellos da Mancomunidade acordan adquirir de forma conxunta material de protección fronte ao coronavirus

Videoconferencia

A escaseza de equipos de protección individual (EPI) contra o COVID-19 motivou que hoxe os representantes municipais na Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol acordaran aproveitar esta entidade para centralizar a adquisición de máscaras.

A Cooperativa de Vilaboa, a través da súa fundación, dona 6.000 euros aos Servizos Sociais de Valdoviño

Acto de entrega

O presidente da Fundación San Vicente de Vilaboa, Fernando Sanesteban Coira, e o presidente da Cooperativa de Vilaboa e mecenas único da fundación, Ángel Caneiro Vilela, entregaron onte pola tarde ao alcalde de Valdoviño, Alberto González, un donativo de 6.000 euros con destino aos Servizos Sociais do Concello de Valdoviño. O acto celebrábase ás portas da cooperativa, con presenza dunha representación dos traballadores e traballadoras das diferentes seccións da cooperativa.
 

Os municipios da Mancomunidade extreman os controis por estrada ante a posible chegada de persoas foráneas na Semana Santa

Aviso Mancomunidade

Os municipios que integran a Mancomunidade de Concellos de Ferrol (Ferrol, Narón, Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda e Valdoviño) extreman estes días os controis de vixilancia ante a proximidade da Semana Santa e a previsión de que con motivo destas datas poidan desprazarse persoas procedentes doutras cidades que teñen aquí unha segunda residencia ou que se dispoñen a aproveitar esas datas para facer turismo.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS