O grupo Old Viena actuará este domingo 17 de novembro en Valdoviño, presentando o seu concerto «Pontes Musicais: Europa do Leste-Galicia». Será no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 19 horas, con entrada libre e de balde ata completar aforo. A actuación, organizada polo Concello de Valdoviño, conta co apoio da Deputación a través da Rede Cultural.
Organizado pola ACR A Frouxeira coa colaboración do Concello de Valdoviño, o auditorio da Casa da Cultura acollerá este sábado 16 de novembro o Festival Musical na honra de Santa Icía. Será a partir das 18 horas, con entrada libre e de balde ata completar aforo.
No festival tomarán parte a coral Airiños da Capela, actuación incluída na Rede Cultural da Deputación provincial; a coral polifónica ferrolana A Magdalena, e o grupo local de boleros Los Nostálgicos.
Enviado por Comunicación a Mér, 13/11/2019 - 13:47
No marco do programa municipal de igualdade e prevención das violencias machistas «Somos e Contamos» que impulsa o Concello de Valdoviño, as concelleiras de Benestar Social e de Igualdade, Ana Belén Pérez e Pilar Caamaño, informaron da posta en marcha do proxecto «Contos para o bo trato». Lévase a cabo en colaboración do CPI Atios e o CRA O Esquío e celebrarase ao longo desta semana, coa vista posta na conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero, o vindeiro 25 de novembro.
Un total de 33 veciños e veciñas maiores de 55 anos participan dende esta semana nos obradoiros de musicoterapia que, baixo o título «Ponlle ritmo á vida!», vén de poñer en marcha o Concello de Valdoviño nas parroquias de Pantín, Sequeiro e Vilaboa (inicialmente tamén se contemplaba Meirás, aínda que non se reuniu un mínimo de participantes para iniciar as sesións).
Enviado por Comunicación a Mar, 12/11/2019 - 13:55
O Océano Surf Museo de Valdoviño vén de adherirse á Rede de Espazos Museísticos Atlánticos, tal e como acordou o consello da entidade na reunión celebrada o pasado venres no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), na que xa tomou parte o alcalde, Alberto González, en representación do municipio.