O Concello incorpora á súa oferta deportiva atletismo para nen@s a partir de 4 anos

O Concello de Valdoviño incorpora á súa programación de actividades deportivas as clases de atletismo. Nesta liña, o concelleiro de área, Sergio Saavedra, explicou que se celebrarán dous días á semana, con sesións dunha hora. Será no CPI Atios, onde se dispón de espazo cuberto, que se adaptará para os xogos de atletismo. A actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos que desexen iniciarse neste deporte.

Carlos Bouza e Luz Cercido, gañadores da IV Milla Urbana Concello de Valdoviño

A participante máis nova

Carlos Bouza e Luz Cercido proclamáronse vencedores da cuarta edición da Milla Urbana do Concello de Valdoviño. Unha cita deportiva cun marcado carácter solidario, xa que a recadación das inscricións destinouse a Cáritas Valdoviño. Así mesmo, o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, entregaba á pequena Lola Caneiro Fraga, de tan só 2 anos, o seu premio como participante máis nova e o alcalde, Alberto González, facíalle entrega a José Pantín López, de 73, o recoñecemento como o corredor máis veterán.
 

@s pequerrech@s da Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia de Valdoviño súmanse ao Día Internacional das Persoas Xordas

Lectura do conto en lingua de signos

Os pequenos e pequenas da Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia de Valdoviño adiantáronse esta mañá á conmemoración do Día Internacional das Persoas Xordas, que se celebra o 30 de setembro. Así, grazas á colaboración das familias, compartiron a lectura dun conto en lingua de signos, «Os tres porquiños», que foi guiado por Alba Soto, nai dunha das nenas.
 

O Concello de Valdoviño organiza este sábado unha Peregrinaxe a Santo André

O Concello de Valdoviño, en colaboración coa Xunta de Galicia, celebrará este sábado 28 de setembro unha Peregrinaxe a Santo André. Será no marco do proxecto «Dende os Camiños de Peregrinación ata o Xacobeo», cofinanciado pola Administración autonómica ao abeiro do programa «O Teu Xacobeo». Na iniciativa, tomarán parte máis dun centenar de persoas anotadas previamente. Todos elas partirán mañá ás 8 horas do aparcadoiro situado en fronte a Casa «Joselito» para completar unha camiñada duns 28 quilómetros. Nela explicarase pormenorizadamente a súa historia, lendas e vinculación con Santiago.

O Concello de Valdoviño celebra este domingo a súa Milla Urbana

O Concello de Valdoviño celebra este domingo 29 de setembro a IV Milla Urbana. O paseo da lagoa da Frouxeira convertirase no privilexiado escenario da cita deportiva, dirixida a nenos e maiores e cun marcado carácter solidario. Así, o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, explicou que a recadación íntegra das inscricións destinarase a Cáritas Valdoviño e, para aqueles que desexen colaborar pero non poidan participar, habilitouse o Dorsal O. O custe da inscrición fixouse en 3 euros para maiores de 18 e gratuíta para menores desa idade.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS