Martes de Entroido e San Xoán, festivos locais en Valdoviño no 2019

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da aprobación en pleno dos festivos locais para o vindeiro 2019. Serán o 5 de marzo, Martes de Entroido, e o 24 de xuño, San Xoán. No primeiro caso, unha das festividades con maior arraigo e tradición no calendario local e, no segundo, a maiores deste criterio, a decisión adoptouse ó coincidir en sábado San Mamede.
 

Concurso de fotografía ata o domingo

Debido a un problema técnico durante as últimas horas para a recepción de imaxes, ampliamos o prazo de envío de fotografías para o calendario 2019 ata o domingo.
 

Redrum Teatro presenta este domingo en Valdoviño A nena que quería navegar

A nena que quería navegar

O auditorio da Casa da Cultura acollerá este domingo, 11 de novembro, a obra de teatro A nena que quería navegar. Será da man da compañía Redrum Teatro, no marco da programación cultural deseñada polo Concello co apoio da Rede Cultural da Deputación. A función, con entrada de balde ata completar aforo, dará comezo ás 18 horas e está dirixida a un público familiar.
 

O Concello ofrece oito entradas para acudir ó Trofeo Teresa Herrera de Fútbol

A Deputación da Coruña vén de suscribir un convenio de cooperación co Concello da Coruña, en virtude do cal pon a disposición dos concellos e, entre eles Valdoviño, entradas para asistir ó "Trofeo Teresa Herrera de Fútbol". En concreto, o Concello conta con oito entradas que pon a disposición daqueles nenos e nenas que estean federados-as como practicantes de fútbol base ou a nenos-as que pertenzan a familias en risco de exclusión social. Así mesmo, ofrecerase unha entrada a un adulto para que acompañe ó menor.
 

A igrexa de Lago, escenario do concerto da Ensamble IULIUS XIII este sábado

Ensamble IULIUS XIII

A compañía Ensamble IULIUS XIII propón a veciños e veciñas compartir este sábado eses inesquecibles temas musicais que marcaron un fito na historia. Esas melodías que veñen á mente cada vez que abrimos o imaxinario baúl dos recordos. Tamén revivir aqueles momentos máis importantes da man de temas como Memory, Moon River ou Summertime.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS