O Concello condea os novos roubos nas infraestruturas da praia da Frouxeira

Un verán máis, as instalacións da praia da Frouxeira foron obxecto dun novo ataque vandálico. Máis concretamente, o concelleiro de Servizos, Benito Vega, informaba da sustracción de cinco cabezais das duchas emprazadas no areal, así como do roubo das tuberías da máis próxima á praia dos Curas. Neste caso, deixando sen suministro de auga a infraestrutura. Os actos rexistráronse o pasado venres e o Concello encargaba a reparación e reposición urxente dos elementos, que se levará a cabo hoxe, confiando en que quede así solventado ao longo da xornada.
 

Cine nocturno ao aire libre en Valdoviño coa proxección de “Campeones”

O Concello de Valdoviño convida á veciñanza a unha sesión de cine nocturno ao aire libre este martes 23 de xullo. Será na praza da Casa da Cultura, onde se proxectará a comedia dramática «Campeones». O pase dará comezo ás 22,45 horas e conta co apoio da Deputación provincial a través da Rede Cultural.
 

Valdoviño acollerá a xuntanza d@s nen@s rus@s participantes no programa de acollida familiar de Ledicia Cativa

Valdoviño convertirase este ano no punto de encontro dos nenos e nenas rusos que cada ano veñen a pasar o verán con familias de acollida en Galicia da man da asociación Ledicia Cativa. Unha xuntanza que se celebrará este sábado, 20 de xullo, por primeira vez no municipio. Acudirán preto de 40 nenos e nenas e as súas familias de acollida, co que se estima a chegada dun centenar de persoas. A boa sona que colleu a localidade tras albergar durante os últimos dous anos a xuntanza comarcal, levou a Ledicia Cativa a proxectar a súa reunión autonómica en Galicia.
 

Valdoviño celebra este venres e sábado as Festas na honra da Virxe do Carmen

Será no marco incomparable da Frouxeira. Nas inmediacións do areal e lagoa, a Comisión de Festas de Valdoviño 2019 avanza un repleto programa de actividades que arrancará mañá venres ao mediodía coa tradicional sesión vermouth coa orquestra Xacobeo. Será a partires das 14,30 horas, con atraccións para os máis pequenos da casa. A mesma formación musical, xunto á orquestra M3, serán as encargadas de amenizar a verbena xa pola noite, a partires das 23 horas.
 

O encoro das Forcadas, escenario este sábado da Ludoteca Eira Xandobeleira

O Concello de Valdoviño convida a nenos e nenas a participar da ampla programación da Ludoteca «Eira Xandobeleira», que realizará este sábado 20 de xullo unha parada no encoro das Forcadas, e máisconcretamente nas inmediacións do clube náutico. Será a partires das cinco da tarde, nunha xornada que se completará, a partir das 19,30 horas, cunha sesión de clown a cargo de MeRe Clown. En caso de choiva, as actividades trasladaríanse ao pavillón municipal do Longoiro.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS