Ibuprofeno Teatro trae este domingo á Casa da Cultura de Valdoviño “O Furancho”

A Casa da Cultura de Valdoviño acollerá este domingo 24 de novembro a comedia familiar «O Furancho», a cargo da compañía Ibuprofeno Teatro. Será a partir das 19 horas con entrada de balde e libre ata completar aforo. A función, organizada polo Concello, conta co apoio da Deputación provincial a través da Rede Cultural.
 

O Concello anima aos veciños e veciñas maiores de 60 a solicitar a súa adhesión ao programa municipal Xantar na Casa

O Concello de Valdoviño convida aos veciños e veciñas maiores de 60 a solicitar o programa municipal Xantar na Casa. Un servizo de comida a domicilio co que, segundo explicou o alcalde, Alberto González, o Concello busca facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.
 

O Concello repartirá entre a veciñanza 50 entradas para asistir este sábado ao partido entre o Deportivo e o Alcorcón

O Concello de Valdoviño repartirá gratuítamente entre os veciños e veciñas 50 entradas para o partido que este sábado 23 de novembro enfrontará ao RC Deportivo e a AD Alcorcón a partir das 18 horas no estadio de Riazor. Así o confirmaba hoxe mesmo a Deputación da Coruña, que cede as entradas ao Concello.
 

O Concello programa unha semana de música, teatro e danza en exclusiva para o alumnado de Valdoviño

Actividade na Aula da Natureza-PAI

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, reservou a axenda da Casa da Cultura desta semana para a música, o teatro e a danza. Pero sobre todo, para un público moi especial. De martes a venres programou unha serie de funcións e espectáculos con entrada exclusiva para os/as alumnos/as dos centros educativos de Valdoviño e, por segundo ano consecutivo, incorporou tamén unha proposta adaptada aos máis pequerrech@s: os/as pequenos/as usuarios/as da Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia.
 

As I Xornadas Surf e Desenvolvemento Sostible de Valdoviño convertiranse no escaparate dos casos de éxito exportables ao noso territorio

Cartaz das xornadas

Valdoviño acollerá a próxima semana as I Xornadas Surf e Desenvolvemento Sostible. Celebraranse o xoves 28 e o venres 29 de novembro no Océano Surf Museo. Organizadas polo Concello, quérese deste xeito crear unha canle de diálogo entre as entidades que, tanto no concello como na bisbarra, desenvolven a súa actividade económica en torno ao produto de surf. ¿O seu obxectivo ? O alcalde, Alberto González, tenno claro: mellorar a competitivade do sector no territorio.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS