Concello e movemento asociativo celebran este sábado a VIII edición da festa infantil do Entroido baixo o título “Entroido Pirata”

O Concello de Valdoviño, xunto co movemento asociativo do municipio, organiza a VIII edición da Festa Infantil do Entroido. A cita terá lugar este sábado 2 de marzo no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, baixo o título «Entroido Pirata». A entrada é libre e de balde. O Concello agradece a colaboración das asociacións culturais, deportivas, veciñais, ANPA e amas de casa, que fan posible esta festa.

Os nenos e nenas poderán disfrutar de baile, inchablee, xogos e actividades guiadas. O único requisito para asistir é vir disfrazado.

A estrada de Valdoviño a Cedeira terá tres carrís entre O Carballal e A Ramalleira

Reunión de traballo

Os alcaldes de Cedeira, Pablo Moreda, e de Valdoviño, Alberto González, continúan avanzando xunto coa Xunta nas obras para mellorar a mobilidade, reforzar a seguridade vial e reducir os tempos de percorrido entre os dous municipios, favorecendo así a súa conexión coas principais cidades galegas e facilitando a circulación aos veciños das dúas localidades.

Adxudicadas as obras de mellora na Casa da Cultura, piscina e pavillón municipal de Valdoviño por 110.803 euros

Xuntanza do presidente provincial e o alcalde

A Deputación da Coruña e o Concello de Valdoviño informaron esta mañá da adxudicación definitiva de tres importantes actuacións de mellora nas instalacións municipais. Levaranse a cabo na Casa da Cultura, a piscina municipal e o pavillón deportivo da localidade, cun investimento total de 110.803 euros e un prazo de execución de catro meses.

As obras, financiadas con cargo ao Plan Único de Concellos (POS+2018 Adicional) da Deputación,  permitirán mellorar a funcionalidade e eficiencia enerxética das instalacións, reducindo os gastos de mantenemento e os consumos eléctricos.

As categorías base do Amistad de Meirás e Racing de Ferrol enfróntanse este sábado ao Miami Cup no campo municipal de Atios

Xornada sábado fútbol

O Amistad de Meirás, en colaboración coa Concellería de Deportes de Valdoviño, organiza este sábado unha xornada de fútbol do máis alto nivel. Será no campo municipal de Atios e arrancará ás 11 horas co partido entre os alevíns do equipo local e o seu homólogo do Miami Cup. De seguido, sobre as 12 h, está previsto o encontro que enfrontará ao Racing de Ferrol sub 14 contra o Miami Cup e, pechando esta xornada, o Amistad sub 16 disputará o último partido contra o Miami Cup.
 

O alcalde, Alberto González, avanza a celebración da I Gala do Deporte de Valdoviño

O alcalde, Alberto González, avanzou esta mañá que o Valdoviño celebrará a primeira edición da súa Gala do Deporte o 22 de marzo. Unha iniciativa coa que se queren recoñecer e pór en valor os méritos dos deportistas locais que teñan destacado especialmente ao longo do 2018, pero tamén a novas promesas e adestradores, e a entidades e persoas que contribuísen especialmente á promoción do deporte a través do seu traballo e entrega.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS