A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Valdoviño este xoves

O Concello informa á veciñanza de que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ao municipio este xoves 18 de xuño. Estará diante da casa consistorial en horario de mañá –de 10 a 14 horas- e de tarde –de 16 a 21 horas-.
 
Calquer persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C...), pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida.
 

O Concello abre o prazo para solicitar autorización para as luminarias de San Xoán e San Pedro nos espazos privados

Bando Municipal

Dada a situación de crise sanitaria na que nos atopamos, e co obxecto de manter as tradicións e á súa vez cumprir coas medidas de control e protección derivadas da pandemia do COVID-19, o Concello de Valdoviño informou esta mañá a través dun bando municipal que poderán realizarse luminarias de carácter tradicional nos espazos privados dos núcleos rurais e urbanos, previa declaración responsable. Deben presentar a súa solicitude chamando ao teléfono 981 48 70 41 extensión 1.

Arrancan as obras de construción do aparcadoiro e campo de fútbol de herba artificial e mellora de viais en Meirás

Visita de inicio de obra dos concelleiros de Obras, Alejandro García, e Deportes, Sergio Saavedra

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, avanzou esta mañá o inicio das obras de construción do aparcadoiro disuasorio na contorna do campo de fútbol de Meirás. Será nos terreos cedidos polos/as veciños/as da parroquia e nos viais municipais. Unha intervención que tamén contempla traballos de reordenación e mellora da accesibilidade ás praias de Punta Frouxeira e a construción dun campo de fútbol de herba artificial anexo ao terreo de xogo actual.

Exposición pública da matrícula do IAE 2020

En data 15 de Xuño do 2020 o Concello de Valdoviño procede a exposición pública da matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas IAE 2020, elaborada e facilitada a Excma. Deputación de A Coruña pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
 

O Concello inicia a demolición da antiga escola de Atios, en estado ruinoso, para habilitar un aparcadoiro que dé servizo ao centro de saúde e á casa da cultura

Traballos de demolición

O Concello de Valdoviño habilitará un novo aparcadoiro anexo ao centro de saúde e da casa da cultura con capacidade para uns 30 vehículos. Ocupará os terreos municipais sobre os que ata o momento se levantaba a antiga escola de Atios, un inmoble en estado ruinoso cuxa demolición arrancaba esta semana a cargo da empresa Excavaciones Javier Ares.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS