O Concello habilita prazas de aparcamento reservado para persoas con diversidade funcional na entrada á praia da Frouxeira

As persoas con diversidade funcional contan dende hoxe con prazas de estacionamento reservado a escasos metros da praia da Frouxeira. Tras a aprobación en pleno da modificación da ordenanza municipal de tráfico, o Concello vén de habilitalas na zona contigua á rotonda de entrada ao areal.
 
Dá así resposta ás demandas trasladadas por diferentes asociacións do ámbito sociosanitario nas xuntanzas mantidas co goberno municipal. Deste xeito, facilitarase ás persoas con mobilidade reducida o acceso ao areal e paseo da Frouxeira. 
 

O Concello completa a renovación da cuberta frontal da Casa da Cultura

Casa da Cultura

O Concello de Valdoviño vén de completar as obras de substitución da cuberta frontal da Casa da Cultura. Segundo explicou o alcalde, Alberto González, a intervención contou cun orzamento de 20.000 euros e foi necesaria tras os danos causados na infraestrutura polos últimos temporais rexistrados. Coa intervención realizada, recuperouse a cuberta orixinal do edificio.
 

A Xunta de Goberno Local adxudica o contrato para ampliar a rede de abastecemento de auga en Meirás e Valdoviño e de saneamento en Lago

A Xunta de Goberno Local propuxo a adxudicación a Excavaciones Saavedra do contrato para a ampliación da rede de abastecemento de auga en diferentes puntos das parroquias de Meirás e de Valdoviño, e a de saneamento noutros lugares da de Lago. No seu conxunto, as nove intervencións a realizar suman un orzamento de 162.790 euros, que a Administración local financiará con cargo ao POS+2019 da Deputación provincial da Coruña.
 

A Mancomunidade trasladaralle á Axencia de Turismo de Galicia medidas e previsións para o sector

Xuntanza da Mancomunidade

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol celebrou esta mañá unha reunión telemática na que participaron o presidente e alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e os seguintes representantes municipais: Carlos Ladra (Cabana), Pablo Moreda (Cedeira), Juventino Trigo (Fene), Juan Domingo de Deus (Mugardos), Marián Ferreiro (Narón), Ana Rosa Pena (Neda), Alberto González (Valdoviño) e Iván Rivas (segundo representante de Ferrol no pleno).
 

Nota sobre a tramitación de certificados de empadroamento. Medidas urxentes extraordinarias durante o estado de alarma por COVID-19

El Real Decreto-ley 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urgentes extraordinarias para hacer frente al impacto económico y social del COVID-19, regula en sus artículos 7 a 16 una moratoria de la deuda hipotecaria para la adquisición de la vivienda habitual de quienes padecen extraordinarias dificultades para atender su pago como consecuencia de la crisis del COVID-19.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS