O Concello tramita as axudas para a obtención dos carnés de conducir de clase B e C

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Servizos Sociais, tramita as axudas convocadas pola Dirección Xeral de Xuventude para a obtención dos carnés de conducir de clase B e C. Enfocadas a mozos e mozas, o obxectivo das subvencións é mellorar a autonomía, mobilidade e empregabilidade da xente moza. A axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 euros para o de clase C. Importes acumulativos no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos permisos.
 

Un total de 11 empresas optan ao contrato de renovación de parte da cuberta do pavillón

Un total de 11 empresas optan ao contrato de renovación dunha parte da cuberta do pavillón municipal de O Longoiro, en Meirás. O Concello de Valdoviño sacaba a contratación as obras cun investimento de 72.167,82 euros procedentes do POS+2019. Unha intervención moi necesaria polas deficiencias detectadas, especialmente en relación ao estado do panel sándwich e as placas de policarbonato e á corrosión detectada en elementos de anclaxe e fixación.
 

Aprobados os pregos para a contratación do Servizo de Axuda no Fogar, cun investimento de 3,1 millóns nos próximos 4 anos

Servizo Axuda no Fogar

O pleno do Concello de Valdoviño aprobou a semana pasada por unanimidade os pregos que rexerán a contratación do Servizo de Axuda no Fogar. Un contrato no que se establece un investimento de 3.159.144 euros en catro anos, a razón de 789.786 euros anuais. Un esforzo inversor para a Administración local, xa que supón un incremento duns 100.000 euros por exercizo. Isto tamén se traducirá nun aumento das horas de atención mensual respeto ao 2019, xa que se estima pasen das 3.990 actuais ás 4.350 previstas. Facendo cálculos, unhas 360 horas máis ao mes.
 

As terapias para persoas afectadas de alzheimer trasládanse ao Centro de Saúde

Sesión de inicio das terapias en Valdoviño

As terapias específicas para as veciñas e veciños afectados de alzheimer e outras demencias comezarán a realizarse no Centro de Saúde de Valdoviño. Un traslado, dende a antiga escola de Atios, derivado do avanzado estado de deterioro deste inmoble. Agravado nos últimos días polos temporais. Disto daba conta esta mañá o Concello de Valdoviño que, xunto a Afal, poñían en marcha os talleres a finais do mes de febreiro.
 

A contratación as obras da estrada AC-566, dende a saída de Valdoviño ata a Ramalleira, por 4,4 millóns de euros

Zona de actuación

En presenza dos alcaldes de Valdoviño, Alberto González, e de Cedeira, Pablo Moreda, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou hoxe da licitación das obras de acondicionamento da estrada AC-566, desde a saída de Valdoviño ata a Ramalleira, por un importe de 4,4 millóns de euros.
 
Vázquez Mourelle deu conta do procedemento administrativo iniciado hoxe coa publicación do anuncio na Plataforma de Contratos da Xunta das obras que redefinen o trazado ao longo de case 4 quilómetros da estrada que vai a Cedeira, ao seu paso por Valdoviño.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS