O Concello abre a tempada de baño na piscina municipal ampliando horario

Concluídas as obras de acondicionamento da piscina municipal emprazada en Lago, o alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que as instalacións inauguraranse este luns, 1 de xullo, co inicio dos cursos de natación e actividades acuáticas programadas para nen@s e persoas adultas. Así mesmo, o mesmo luns abrirá a piscina para o baño libre, cunha novidade: a ampliación dunha hora nos horarios, ata as 21 h de luns a domingo.
 

Obradoiro de fotografía de surf en Valdoviño con “quedada ao solpor”

O Concello de Valdoviño organiza este venres unha orixinal iniciativa ao abeiro da programación do Océano Surf Museo para esta semana, coincidindo co Campionato de España de Surfing que se celebra na praia da Frouxeira. Trátase dun obradoiro de foto de surf titulado «Quedada ao solpor». Arrancará ás 22 horas e nel a Asociación de Fotografía Ferrolterra guiará aos participantes na realización de fotografía marítima ao anoitecer.

O Concello convoca 11 prazas de peón para a limpeza das praias do municipio

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que as persoas interesadas en optar a unha das 11 prazas de peón que contratará o Concello de Valdoviño para a limpeza de praias, a tempo parcial, e por espazo de tres meses, poden presentar a súa solicitude no rexistro xeral a partir de mañá xoves, 27 de xuño, e por espazo de 5 días naturais contados a partir de mañá. As prazas de persoal laboral temporal financiaranse con cargo a unha subvención da Deputación provincial da Coruña.
 

A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Valdoviño este xoves

Doa sangue este xoves

O Concello informa á veciñanza de que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ao municipio este xoves. Estará diante da casa consistorial en horario de mañá –de 10 a 14 horas- e de tarde –de 16 a 21 horas-.
 
Calquer persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...), pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida.

Galicia revalida o título nacional de seleccións autonómicas

A selección gañadora

A xornada do martes foi decisiva para coñecer á nova campiona de España por equipos autonómicos. A selección anfitriona impúxose nun apertado final sobre a segunda clasificada por tan só 210 puntos. En busca das mellores condicións para os deportistas, a dirección técnica arrincou a competición á primeira hora da mañá na praia próxima de Pantín. Ás 14 h, a proba regresou ao escenario principal, A Frouxeira, e disputáronse o resto das finais que determinarían a selección que levaría finalmente o galardón.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS