O Concello dota de asentos as gradas do pavillón municipal de O Longoiro, en Meirás

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de instalar asentos sobre as gradas de formigón do pavillón municipal de O Longoiro, na parroquia de Meirás. Uns traballos que supoñen unha mellora para estas instalacións municipais e, especialmente, para o público que acoda a ver algún encontro ou actividade. A actuación requeriu dun investimento de 5.000 euros e vense a sumar ás obras de mellora realizadas nos últimos anos como a dotación dun sistema de drenaxe para evitar as filtracións ao interior ou a renovación dos portalóns e o pintado da cancha.
 

A medallista olímpica Begoña Fernández Molinos, nas Olimpiadas do CPI Atios

Imaxe da visita

Foi a capitana da selección española de balonmán. O equipo que logrou o bronce nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, convertíndose na primeira galega en traer para Galicia unha medalla. Un ano antes, colgábase tamén a medalla de bronce no Campionato do Mundo disputado en Brasil. Un currículum deportivo, o da viguesa Begoña Fernández Molinos, de cun laudem. Sen embargo, nin un só dos seus méritos citou na charla que esta mañá ofrecía no CPI Atios de Valdoviño.

O Concello saca a contratación a renovación do alumeado con tecnoloxía LED do campo de fútbol municipal

O Concello de Valdoviño vén de sacar a contratación os traballos de mellora da eficiencia enerxética no campo municipal de fútbol de Mourente por un importe de 47.701,59 euros. E, nesta liña, as empresas poderán presentar a súa oferta ao procedemento ata o 23 de febreiro. O anuncio de licitación e pliegos están publicados para a súa consulta na plataforma de contratación do sector público.
 

Últimos días para participar no concurso de debuxo infantil para elixir á mascota do Océano Surf Museo 2020

Cartaz Concurso Océano Surf Museo

O Concello de Valdoviño anima ao alumnado do CPI Atios e das escolas unitarias do CRA O Esquío –de todos os cursos e idades- a participar no concurso de debuxo organizado polo Océano Surf Museo coa idea de seleccionar a súa Mascota do Ano, unha imaxe que o representará neste 2020. O prazo de presentación de traballos no museo concluirá este domingo, 9 de febreiro.
 

O novo programa municipal “Concilia Mañás!” no CPI Atios arrancaba esta mañá con nove nenas e nenos

Primeira xornada de Concilia Mañás!

O programa «Concilia mañás!» arrancaba hoxe no comedor do CPI Atios coa participación de nove nenas e nenos. Trátase dun servizo de conciliación da vida laboral e familiar e almorzos impulsado polo Concello de Valdoviño. Dirixido a estudantes de entre 3 e 12 anos, desenvolverase de luns a venres de 8 a 9,30 horas. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, sinala que aínda quedan prazas libres, polo que as familias interesadas poden formalizar a súa inscrición no departamento municipal de Servizos Sociais (planta baixa da casa consistorial).

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS