O Concello incorpora dous auxiliares de Policía para reforzar o servizo no verán

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da incorporación á plantilla municipal de dous auxiliares de Policía Local. A contratación sufrágase con cargo a fondos municipais e terá carácter temporal, por espazo de tres meses. Permitirá ao Concello reforzar o servizo, nuns meses onde o municipio recibe un signiticativo número de visitantes e turistas.

 

Clyde Martin presentará no Océano Surf Museo o documental que revolucionou a industria do surf: “Kissed by god”

Clyde Martin presentará mañá sábado no Océano Surf Museo de Valdoviño o documental que revolucionou a industria do surf: “Kissed by god”. Será a partir das 21 horas, nunha actividade organizada polo Concello de Valdoviño con entrada libre e gratuíta. Este filme fala da vida de Andy Irons, un dos mellores surfistas do mundo ata o momento a quen Clyde Martin coñeceu de preto, e da súa relación coa competición. Esta película, así coma o libro de Clyde Martin, son dous elementos que levan á reflexión e comprensión do mundo deportivo ao redor do surf.

Obradoiros para toda a familia e concerto de Uxía Lambona este domingo

O parque de Lago acollerá este domingo, 30 de xuño, unha xornada lúdico-musical enfocada especialmente aos máis pequenos e pequenas da casa. Arrancará ás 16,30 horas cos Xogos e Obradoiros Ubuntu, pensados para disfrutar en familia: pais e nais, avós e avoas e nenos e nenas. Incluirá catro zonas de xogo diferenciadas, guiadas por monitores cada unha delas.

Corte do servizo eléctrico

O servizo eléctrico en parte das parroquias de Pantín e Vilarrube sufrirá un corte dende as doce e durante aproximadamente unha hora para traballar nunha reparación. Desculpade as molestias que se podan ocasionar.

O Concello abre a tempada de baño na piscina municipal ampliando horario

Aberta a temporada da piscina

Concluídas as obras de acondicionamento da piscina municipal emprazada en Lago, o alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que as instalacións inauguraranse este luns, 1 de xullo, co inicio dos cursos de natación e actividades acuáticas programadas para nen@s e persoas adultas. Así mesmo, o mesmo luns abrirá a piscina para o baño libre, cunha novidade: a ampliación dunha hora nos horarios, ata as 21 h de luns a domingo.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS