O Concello incorpora 4 peóns e 1 albanel para traballos de mantenemento

O Concello de Valdoviño vén de incorporar catro peóns e un albanel grazas ao programa provincial PEL-Concellos, que financia a súa contratación. Así, segundo explicou o alcalde, Alberto González, realizarán fundamentalmente tarefas de conservación e mantenemento en todo o termo municipal e, esta semana, comenzaban o seu traballo nas parroquias de Meirás e Valdoviño, realizando labores de desbroces e acondicionamento de beirarrúas.
 

O Concello conclúe os traballos de acondicionamento da pista de acceso a A Frouxeira dende a parroquia de Lago

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá do remate dos traballos de acondicionamento da pista de acceso á contorna da Frouxeira dende a parroquia de Lago. Un vial de 750 metros que se atopaba nun grave estado de deterioro e sobre o que se aplicou un triple tratamento de rego asfáltico. O camiño dá entrada directa ao paseo peonil da lagoa da Frouxeira, dende a coñecida como zona do Golpiño, e tamén servizo ás vivendas situadas na contorna.
 

As obras de construción do primeiro campo de fútbol de herba artificial de Valdoviño alcanzan o seu ecuador

Visita ás obras do campo de fútbol
Visita ás obras do campo de fútbol

Dous meses despois do seu inicio, as obras de construción do primeiro campo de fútbol de herba artificial en Mourente avanzan a moi bo ritmo e, a día de hoxe, practicamente alcanzaron o seu ecuador. Así o constatou esta mañá o alcalde, Alberto González, e o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, nunha visita de supervisión, xunto á dirección de obra, ás instalacións. Así, o Concello concluíu ata o momento os traballos de movemento de terras e está a piques de rematar a instalación da rede principal do sistema de rego e máis do sistema de saneamento.
 

O Concello abre a inscrición na V Carreira na Area da praia da Frouxeira

Por quinto ano consecutivo, o Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, organizará a Carreira na Area da Praia da Frouxeira. De aí que hoxe abrise o prazo de inscrición na actividade. Pode formalizarse no Rexistro Xeral da Casa do Concello, na Oficina Municipal de Turismo (Porta do Sol), no teléfono 626 46 55 31 ou a pé de areal o mesmo día da súa celebración unha hora antes.
 

Arranca o Torneo de fútbol sala Ociosol de Valdoviño con máis de 100 participantes

O Concello aposta un ano máis polo Ociosol

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, e o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, presentaban o pasado venres o Torneo de Fútbol Sala Ociosol 2019, que contará nesta edición con máis de 100 participantes.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS