THE-Sastre Teatro representará este sábado en Valdoviño “Os segredos de Greta”

A Casa da Cultura de Valdoviño acollerá este sábado 23 de novembro a representación da obra «Os segredos de Greta», a cargo da compañía THE-Sastre e no marco do 1o ciclo de teatro amador AMATEGA-Escenamateur Galicia. Será a partir das 19 horas, con entrada libre e de balde ata completar aforo.
 

As escolas unitarias organizan unhas xornadas de troco solidario en Sequeiro e Pantín

Cartaz da iniciativa

Por unha boa causa, pero tamén co claro obxectivo de visibilizar as escolas unitarias e o extraordinario traballo que desenvolven, o CRA O Esquío convida á veciñanza a achegarse o vindeiro sábado 30 de novembro a partir das 18 horas ao local social de Sequeiro para recibir un agasallo. A cambio dun quilogramo de alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene, os alumnos e alumnas das tres escolas unitarias (Lago, Taraza e Vilarrube) entregarán un agasallo de carácter navideño realizado por eles/as mesmos/as.

Ibuprofeno Teatro trae este domingo á Casa da Cultura de Valdoviño “O Furancho”

Cartaz da función

A Casa da Cultura de Valdoviño acollerá este domingo 24 de novembro a comedia familiar «O Furancho», a cargo da compañía Ibuprofeno Teatro. Será a partir das 19 horas con entrada de balde e libre ata completar aforo. A función, organizada polo Concello, conta co apoio da Deputación provincial a través da Rede Cultural.
 

O Concello anima aos veciños e veciñas maiores de 60 a solicitar a súa adhesión ao programa municipal Xantar na Casa

O Concello de Valdoviño convida aos veciños e veciñas maiores de 60 a solicitar o programa municipal Xantar na Casa. Un servizo de comida a domicilio co que, segundo explicou o alcalde, Alberto González, o Concello busca facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.
 

O Concello repartirá entre a veciñanza 50 entradas para asistir este sábado ao partido entre o Deportivo e o Alcorcón

O Concello de Valdoviño repartirá gratuítamente entre os veciños e veciñas 50 entradas para o partido que este sábado 23 de novembro enfrontará ao RC Deportivo e a AD Alcorcón a partir das 18 horas no estadio de Riazor. Así o confirmaba hoxe mesmo a Deputación da Coruña, que cede as entradas ao Concello.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS