O Concello contrata a redacción da modificación puntual do planeamento para ordear a implantación de campamentos de turismo en solo rústico

Ordear a implantación de campamentos de turismo en solo rústico, como campings e infraestruturas para autocaravanas, e dar maior seguridade xurídica a estas instalacións levou ao Concello de Valdoviño a contratar un estudo para a redacción da modificación puntual do planeamento. Así o explicou o alcalde, Alberto González, para informar a renglón seguido da adxudicación dese estudo. Os resultados darán pé a esa modificación necesaria que deberá seguir, a partir de entón, a tramitación administrativa correspondente.
 

Xoán Curiel convida este domingo aos máis pequen@s da casa a participar do seu concerto “A Casa do Terror”

No marco dos actos deseñados polo Concello de Valdoviño para celebrar este ano o Samaín, o auditorio da Casa da Cultura acollerá este domingo 3 de novembro o concerto titulado «A Casa do Terror», a cargo de Xoán Curiel. A entrada é de balde e libre, ata completar aforo.
 

O Concello plantea activar un servizo de madrugadores para facilitar a conciliación no CPI Atios e CRA O Esquío

O alcalde, Alberto González, anima ás familias de Valdoviño con nenos e nenas no CPI Atios e escolas unitarias do CRA O Esquío a realizar a enquisa que estes días o Concello distribuíu nos centros educativos do municipio cun claro obxectivo: constatar a demanda dun servizo de madrugadores para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos pais e nais.

O Concello celebra o Samaín con pasarrúas e contacontos no vello igresario de Loira

ACTUALIZACIÓN: ACTIVIDADE TRASLADADA Á CASA DA CULTURA POLA CHOIVA.
 
A celebración do Samaín que organiza o Concello de Valdoviño este ano arrancará este venres, ás 17,45 horas no vial de acceso ás naves de Cándido Hermida. Dende alí, nenos e nenas e maiores partirán para percorrer o camiño máxico ata o vello igresario de Loira. Nesta liña, o Concello anima ás persoas interesadas en participar en acudir cos seus disfraces, cabazas e candeas.
 

Un total de 7 empresas optan ao contrato das obras de construción do aparcadoiro e reordenación dos accesos ás praias de Meirás

Recreación da intervención

Un total de 7 empresas presentaron a súa oferta ao proceso de contratación das obras de construción dun aparcadoiro disuasorio na contorna do campo de fútbol de Meirás nos terreos cedidos polos veciños da parroquia, así como nos viais municipais; os traballos de reordenación e mellora da accesibilidade ás praias de Punta Frouxeira e a construción dun campo de fútbol de herba artificial anexo ao terreo de xogo actual. Unha ambiciosa intervención orzamentada en 349.948,19 euros que financiarán Concello e Deputación provincial.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS