X Mostra de Teatro Infantil este sábado en Valdoviño

A Casa da Cultura acollerá mañá sábado, 2 de xuño, a X Mostra de Teatro Infantil do Concello de Valdoviño. Arrancará ás 18 horas e estará conducida polo mago e showman Cayetano Lledó. Sobre o escenario actuarán as compañías do CPI Atios e da escola de teatro da ANPA Beiramar.
 

Últimos días para apuntarse á Volta ás Forcadas

Cartel Volta ás Forcadas

Descubrir ou redescubrir un entorno único de Valdoviño como é a paisaxe que envolve ó encoro das Forcadas e, ó mesmo tempo, practicar deporte e favorecer hábitos saudables é a proposta que fai a Concellería de Deportes que dirixe Sergio Saavedra a nenos e maiores o próximo 10 de xuño. Ese domingo celebrarase a III Volta ás Forcadas. Unha cita deportiva incluída no calendario do 3º Circuito Corre polo Norte que o Concello de Valdoviño impulsa xunto ós municipios veciños de Narón, Ortigueira, Cedeira, Cariño, Cerdido, Mañón e Moeche.

O Concello de Valdoviño contratará 14 peóns para a limpeza de praias

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello contratará este verán 14 peóns para a limpeza de praias. Así, o Concello abrirá mañá, e por espazo de tres días hábiles, o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso de contratación, mediante procedemento de concurso-oposición.
 

Corenta equipos disputarán este fin de semana en Meirás o Torneo de Fútbol 8

O Meirás CF organiza esta fin de semana, en colaboración co Concello de Valdoviño e a Deputación provincial da Coruña, o seu Torneo de Fútbol 8. Será no campo de herba natural do equipo local e a competición para as categorías base (prebenxamín, benxamín e alevín) arrancará este venres, 1 de xuño, e continuará sábado e domingo.
 

Valdoviño celebra este sábado a X Mostra de Teatro Infantil

Os amantes do teatro teñen este sábado unha cita en Valdoviño. No auditorio da Casa da Cultura celebrarase a partir das 18 horas a Mostra de Teatro Infantil que, este ano, alcanza a cifra redonda de dez anos. E, para celebralo, o programa inclúe actuacións do máis alto nivel. Así mesmo, será o coñecido mago e showman Cayetano Lledó o encargado de conducir o acto e amenizar as pausas necesarias para o cambio de escenario.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS