Bando de prevención e defensa contra os incendios forestais

O alcalde de Valdoviño, José Antonio Vigo Lago, lembra nun bando publicado este martes "as obrigas dos propietarios das parcelas incluídas nas faixas de especial protección de núcleos que deberán cumprir coas obrigas da xestión do combustible vexetal (tala e roza) nas fincas que se atopen a unha distancia inferior a 100 metros arredor de calquera núcleo poboacional, edificación, urbanización, depósito de lixo, cámping, instalacións recreativas, obras, parques e instalacións industriais e, nos 50 metros dende o límite da propiedade, non poderá haber nin piñeiros, ecucaliptos

VERÁN SAUDABLE 2012: TAI-CHI

Hoxe comeza unha das actividades deportivas previstas para este verán. Cunha elevada participación, 20 persoas inscritas, as sesións de TAI-CHI serán impartidas de forma gratuita dende o 17 de xullo ao 16 de agosto, martes e xoves de 11:30 a 13:00 hrs. no pavillón do CPI ATIOS (Valdoviño).  

Solicitude de acometida á rede de saneamento

O Concello ten aberto o prazo de solicitude da acometida á rede de saneamento correspondente a Lago, Meirás e Mosende.
 
Os usuarios interesados teñen que realizar a solicitude nas oficinas de Aquagest.

Limiares de renda e patrimonio familiar e contías das bolsas e axudas ao estudo

 

Real Decreto 1000/2012, de 29 de xuño polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo, para o curso 2012-2013 e modifícase parcialmente o Real Decreto 1721/2007, de 21 de decembro, polo que se establece o réxime das bolsas e axudas ao estudo personalizadas. (BOE nº 160 do 5/7/2012)

 

Tempada de verán

O Concello de Valdoviño pon a disposición dos veciños e visitantes os servizos da tempada de verán. Así dende o 1 de xullo está en funcionamento o Punto de información turística, situado na Porta do Sol. O seu horario de atención aos usuarios é de 11:00 a 15:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas. O teléfono da caseta de Turismo é o 981 487 673.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS