O Concello de Valdoviño recoñeceu o pasado sábado 14 de setembro o esforzo e éxito de varios deportistas que se desplazan por España e por todo o mundo adiante, e que levan sempre no seu corazón ao seu concello, Valdoviño, e que nos representan a todos cando compiten.
A todos eles moitas gracias no nome do Concello de Valdoviño.
Os nove deportistas homenaxeados son os seguintes:
O Concello de Valdoviño presenta a súa programación cultural para o comezo do outono, cargada de exposicións, deporte, contacontos e moitas actividades máis.
No documento adxunto está dispoñible a axenda de eventos.
No Concurso de tortilla de patacas celebrado na 1ª Feira da pataca de Valdoviño presentáronse 37 tortillas. Os gañadores foron os seguintes:
A) Tortilla máis sabrosa, elaborada só con ovo e patacas:
1º Bar Os Dous de Sempre.
2º Bar La Pizarra.
3º Bar O Cabezal.
B) Tortilla máis sabrosa, elaborada con ovo, patacas e algún outro ingrediente:
1º Rosario Guerra e Ángeles Fernández.
2º Jimy Rodríguez.
3º Bar La Pizarra.
Enviado por Servizos Sociais a Ven, 13/09/2013 - 13:35
O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, en colaboración coa Escola Galega de Tai Chi Chuan, levará a cabo un Obradoiro de Taichi- Defensa Persoal para mulleres o día 21 de setembro de 2013 (sábado) de 11: 00 a 13:00 horas.
Lugar: Colexio Atios
Inscricións: Departamento de Servizos Sociais, no teléfono 981487041 ext. 5 ata o 19 de setembro de 2013.
Actividade gratuita
O Concello de Valdoviño abre o prazo para solicitar as axudas para a escolarización dos fillos no curso escolar 2013-2014.
Máis información sobre estas bolsas, que terán un importe máximo por menor de 200 euros, no apartado da web correspondente ás convocatorias: Axudas para a escolarización dos fillos 2013/14.