Programa "Achega"

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, continúa con desenvolvemento do Programa Achega, un programa creado ante o aumento da demanda de familias con maiores dificultades para a cobertura de necesidades básicas dentro do propio Concello.
 
O programa contempla varios proxectos:

Conmemoración 25 de Novembro: Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, levará a cabo para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero a exposición "Cartas de Amor: 14 artistas contra a violencia de xénero". Unha exposición gráfica de ilustracións de diversos artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade, acompañada dun obradoiro práctico explicativo da mostra no lugar da exposición.
A exposición cedida pola Secretaria Xeral de Igualdade estará aberta ao público dende o 26 de decembro ao 2 de xaneiro na Casa da Cultura de Valdoviño

Pleno Municipal extraordinario

O Concello de Valdoviño convoca unha sesión extraordinaria do Pleno Municipal para este xoves 21 de novembro, ás 09:30 horas.
 
Haberá dous puntos na orde do día:

 
1º- Aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo.
 
2º- Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de obrigas (ERO).

 

Programación cultural de novembro

Programa cultural

Exposicións, contacontos, música e deporte conforman a actividade cultural deste mes no concello de Valdoviño.
 
O programa completo pode verse na imaxe adxunta ou no apartado da web correspondente á axenda.

Contacontos de novembro e decembro

A Concellería de Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza varias sesións de contacontos para os meses de novembro e decembro.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS